Manexo do terminal nunha máquina virtual

Xa conseguimos unha máquina virtual por internet (unha .ova)co sistema operativo Linux. Se queredes quitarlle o inglés ou poñela en hora botádelle un ollo a este artigo.
Un dos lugares históricos onde se tecleaba código é o terminal. Imos comezar cunhas nocións básicas de comandos de linux. Empezamos usando:linux
  • pwd
  • ls
  • cd
  • mkdir
  • rm -rfi
  • touch
  • man
  • apt
 O teu traballo:
  1. Explica no teu blog a utilidade dos comandos dos que estamos falando.
  2. Cal é a diferencia entre  un procesador  de textos e un editor de textos? Onde se teclea código? Que é un IDE?
  3. Atrévese alguén a aprender a usar vim ? para o resto do mundo abonda con usar nano 🙂 Por se tal lembrade :!q

Se non tedes linux instalado no ordenador podedes practicar con terminais online para practicar!!! Probade este emulador ou este moi sinxelo. Botade un ollo a esta lista deles. Este tamén é chulo.

GRUB

Toca hoxe xogar co GRUB. Escolle unha máquina virtual cun Linux para argallar no arranque.

O teu traballo:

Que era o GRUB? Seguro que sempre quixeches tocalo para facer cousas interesantes.

Averigua, por exemplo como facer para  que non arranque tan rápido ou que non sexa tan soso. Así quedou o meu /etc/default/grub en lubuntu. Como lle afecta ao meu arranque?

Usa este titorial web para facer paseniño o que alí explica. Lembra facer capturas de pantalla para personalizar o teu post.

Outros tuneados que se poden facer por colorear aquí

Atrevémonos a facer esto mesmo en ordenadores reais?

Cotilleo: un día quedei sen conta de root por andar fuchicando de máis e axudoume esta páxina web.

Máis información.

Rutas relativas

Imos practicar as rutas relativas cos comandos que vimos de Linux. Esta outra ficha é tamén interesante para repasar.

O teu traballo:

Arranca unha máquina virtual con Linux ou se estás en Windows teclea en PowerShell wsl

  1. Implementar o sistema de arquivos da imaxe.
  2. Colgar no voso caderno electrónico o resultado de  ls -R cando estamos en Fotos.
  3. Se estou na carpeta Viajes e quero ir directamente a Familia que debo poñer despois de  cd.
  4. Se estou en Cumpleaños e quero ir a Córdoba que debo teclear?
  5. Se estou en Córdoba e quero crear un ficheiro chamado datas.txt no directorio familia, que debo teclear?
  6. Se estou en Viajes e quero crear o ficheiro README na carpeta Fotos como podo facer?
  7. Fai unha captura de pantalla do ls -R dende Fotos

Primeiros programillas

Como expertos que xa somos en crear sistemas de ficheiros imaxinemos que temos que crear as mesmas carpetas en varios ordenadores. Podemos teclear os comandos en cada posto ou facer un pequeno script e levalo nun pen dun ordenador ao outro.
Só precisamos un comando novo: source

direcO teu traballo:

  1. Crea un ficheiro que se chame novato.sh
  2. Teclea nel os comandos necesarios para crear a estructura de ficheiros da imaxe.
  3. Teclea ó final a liña: echo  Rematei a tarefa
  4. Garda o ficheiro novato.sh
  5. Teclea no terminal source novato.sh
  6. Anota no teu blog o que aconteceu

Redes no terminal

Dende o terminal tamén dispoñemos de comandos para saber se o ordenador está conectado a unha rede e poder revisar a configuración do equipo.

Unha pequena lista de comandos que teñen que ver con redes e debemos coñecer:

hostname -I, ip a (=ifconfig), ping, ifup/ifdown

Para traballar con redes unha chuleta por aquí.

O teu traballo:

  1. Para que se usan os comandos da lista anterior?
  2. Averigua o que é a IP.
    • Cal é a IP do teu equipo da aula? e a do teu móbil?
    • Explica a diferencia entre IP  pública e privada.
    • Cal é a IP pública na aula? e a do teu móbil?
    • Teclea no teu terminal ping 1.1.1.1 fai unha captura de pantalla e explica o que acontece.