Dokuwiki en Docker

Coñecedes Dokuwiki? É unha aplicación web que é unha especie de  wikipedia íntima para as nosas cousiñas.

O teu traballo:

Instalámola  en docker? Hai uns 400 contedores para dokuwiki en DockerHub!!!!.

Botamos un ollo a esta páxina onde nos di que executemos:

sudo docker run -d --name=dokuwiki -e PUID=1000 -e PGID=1000 -e TZ=Europe/Madrid -p 80:80 -p 443:443 `#optional` -v /path/to/appdata/config:/config --restart unless-stopped lscr.io/linuxserver/dokuwiki:latest

Para configurar a nosa aplicación web tecleamos no navegador:

http://localhost/install.php

Para ir traballando: http://localhost

Outro xeito de facelo

Chuleta de docker neste repositorio.

Portainer para Docker

Cansos do terminal? Mirade doutras posibilidades para usar Docker en modo gráfico. No colmo do retorcimento existe un contedor chamado portainer que se usa para xestionar contedores. Aquí unha axuda.

O teu traballo:

Instala ese contedor:

sudo docker run -d -p 9000:9000 --restart always -v /var/run/docker.sock:/var/run/docker.sock -v /opt/portainer:/data portainer/portainer

Cando vas ao teu navegador con http://localhost:9000 xenera el mesmo o nome de usuario e ti tes que inventar o contrasinal.

Navegador en Docker

Lembrade que tamen podemos dockerizar aplicacións de escritorio, para usalas nun momentiño.

O teu traballo:

Que tal o navegador disque máis seguro do mercado? Debería arrancar de vez. Funciona?

sudo docker run -it -v /tmp/.X11-unix:/tmp/.X11-unix -e DISPLAY=unix$DISPLAY --device /dev/snd --name tor-browser jess/tor-browser

Xogar con docker

Se imos a DockerHub atopamos miles de imaxes para xogar. Abonda con seguir as instrucións da persoa que subiu as imaxes.

O teu traballo:

Instalamos un linux minimísimo (chamado alpine) que o único que fai é escribir educadamente un saúdo no terminal:

sudo docker run alpine echo "Encantado de saudarvos a todos"

e non fai máis. Probade a poñer máis comandos de linux para ver o que acontece.

Para lanzar o contedor e que non peche para poder interactuar:

sudo docker run -it alpine

Para ver como funciona unha app en modo gráfico, analizade todo este comando:
sudo docker run --rm -it --net=host -e DISPLAY -v $HOME/.Xauthority:/root/.Xauthority fr3nd/xeyes

Agora miles de aplicacións chorras “contenerizadas”:

sudo docker run wernight/funbox

mostra a lista de paquetes para xogar. Se quero usar unha delas, digamos a 13ª que se chama figlet tecleo algo como :

sudo docker run wernight/funbox figlet gatito

Tamén podo engadirlle  -it  para que sexa interactiva. Xoga co resto e xa nos contarás para que valen.

En caso de emerxencia CTRL D

Chuleta neste repositorio.

Docker

Responden moi ben á pregunta de que é Docker nesta páxina web. Compáranse aos contedores de Docker coas máquinas virtuais, pero nesta páxina temos as diferencias. Hoxe en día xa está todo dockerizado e temos que achegarnos a esta tecnoloxía. Imos dockerizar aplicacións web pero se revisades o Docker Hub daríades descargado para facer de todo!!!

O teu traballo:

Primeiro descargamos Docker e xogamos un chisco con el:

  • Nunha máquina virtual, por exemplo aproveitamos a kali/debian coa que traballamos  instalamos Docker como indica a páxina oficial.
  • O primeiro que se fai sempre é a tradición:
  • sudo docker run hello-world
  • Ben sei que está en inglés pero botádelle unha leída. Conta nun plis como vai todo esto.
  • Imos xogar un chisco con Docker. Instalamos un ubuntu sen entorno gráfico:
    sudo docker run -i -t ubuntu /bin/bash
  • Diríades que descargou todo o sistema operativo? O  que trae é ben cativo, pero é ubuntu. No terminal que aparece tecleamos:
    more /etc/lsb-release
  • Este contedor de ubuntu trae tree instalado? Cal é o nome de usuario? E o hostname? Podemos facer ping dende dentro do contedor? Se queremos saímos con exit
  • Como sei se funciona? Teño os contedores hello-world e o de ubuntu?
    sudo docker ps -a para ver todos os contedores que teño preparados.
    sudo docker ps para ver os contedores arrancados.
  • Notade que aparece unha especie de identificador para cada contedor
  • Se queredes volve a arrancar un contedor abonda con:
    sudo docker start IDeseDeLetraseNumeritos
  •  Que tal transformalo nun servidor web, ou un DNS… ou se tal un servidor de correo?

Chuleta neste repositorio