Xa temos Docker montado e funcionando? Xa usamos algún contedor de proba? Xa sabedes os miles cos que podemos xogar en DockerHub?
A nosa idea é traer un contedor con Moodle e montar o curso alí, evitando os problemas de configurar os paquetes e as bases de datos.
O teu traballo:
Resulta que bitnami permítenos baixar un ficheiro para preparar un moodle sen demasiado traballo:
- O encargado de facelo vai ser un paquete que debemos instalar que se chama:
sudo apt-get install docker-compose - Como nos pide instalalo respondemos que yes. Ao rematar comprobamos:
which docker-compose - Facemos unha carpeta para este proxecto de nome moodle
- Para descargar o moodle imos baixar primeiro o ficheiro que preparou bitnami para traballar con Moodle en Docker. Traémolo do seu GitHub, esa liña que comeza por curl
- Mirade se o tedes descargado, o nome é docker_composer.yml Curiosidade por ver o contido? É unha especie de script que lle di a Docker todo o que ten que instalar.
- Xa podemos instalar Moodle dockerizado!!!! Este paquete xa chama ao ficheiro .yml
sudo docker-compose up -d - O que eu obteño é:

- Estupendo: creou un docker para moodle e outro para a base de datos!!!!` Como sei se funcionan?
sudo docker ps -a - Xa sei o porto polo que traballa?
- Como accedo a Moodle?? No navegador, que para eso é unha aplicación web. Con que URL? Teño que averigualo:
sudo docker container inspect moodle | grep IPAddress - Teño xa a resposta?
- Vou ao navegador e poño esa IP e intento acceder polo porto 8222
- New Site? Para acceder como administrador o nome de usuario é user e o password bitnami. Alguén ten curiosidade por saber como o sei?
- Agora queremos rematar educadamente?
sudo docker stop moodle - Chuleta neste repositorio.




