DNS de i-rochiño pasado a pdf

Localizando servidores DNS

Cando contratas internet cunha empresa o normal é que aproveites os seus servidores DNS. Pero existen outros servidores públicos que podes utilizar.

O teu traballo:

  1. Averigua no teu ordenador cales son os teus DNS primario e secundario. Fai unha captura de pantalla.
  2. Instala dnsutils
  3. Averigua con nslookup de onde son eses servidores. Fai o mesmo cos do teu móbil.
  4. Podo navegar por internet se fallan eses servidores? Como?
  5. Teclea nslookup 8.8.8.8 e tamén con 8.8.4.4 Cal é o dominio correspondente?
  6. Cambia os teus DNS primario e secundario ós de google e fai un pequeno estudio de cal é máis rápido.Anota no teu blog outros servidores DNS que atopes por internet
  7. Busca información por internet dalgunha vantaxe para usar uns servidores ou outros.

Problemas no resolv.conf?

Seguindo os pasos indicados a min funcióname tamén a saída a internet pero pode que tras un reinicio o ficheiro resolv.conf se modificara automaticamente. Os meus  ficheiros quedan:

Pode que esto aconteza nas versións modernas de Ubuntu e de Linux.  A solución é instalar o paquete resolvconf (sen puntiño)

O teu traballo (só se tes problemas):

  1. Instala o paquete: apt-get install resolvconf
  2. Engade ó final do ficheiro

nano /etc/resolvconf/resolv.conf.d/tail

a liña co noso DNS: nameserver 172.16.5.10

3. Executa resolvconf -u para actualizar o ficheiro. Pode que sexa preciso facer:

systemctl reload resolvconf