Cotilleando nos DNS

Chusmando nas bases de datos da IANA obtemos información para ir entendendo esto dos nomes de dominio. Interésanos quen rexistra os TLD e como resolver nomes de dominio (sabendo o nome obter IP) ou obter o nome de dominio tras propoñer IP. Ou sexa imos consultar ese “listín non-telefónico” que son os nomes de dominio.

O teu traballo:

  • Quen xestiona os TLD: .com  .gal  .aaa .zara?
  • Usando a base de datos de whois que contén información de dominios cotillea:
      • En que ano se rexistrou  o dominio wikipedia.com? Cal foi a entidade que o rexistrou?
      • En que ano se rexistrou  o dominio google.com? Cal foi a entidade que o rexistrou?
  • Consulta aquí cantas empresas acreditadas por ICANN para rexistrar dominios hai en España. Cantas son galegas?
  • Cal é a empresa que máis dominios rexistra?  Cal é o TLD dos recén admitidos que máis se emprega? Consulta aquí

Listín de DNS

Nunha rede pequena podo ter o equivalente a unha axenda de IP cos meus dominios nun ficheiro. Se non indico nada buscar servidores DNS por internet.polo que vou a  dicirlle ó ordenador que consulte antes un ficheiro que vén sendo o listín de IP.

O teu traballo:

  • Cambia a pepito o nome do teu ordenador con:

sudo hostname pepito
exec bash

sudo hostnamectl set-hostname pepito

  • Engade no ficheiro “listín” de DNS /etc/hosts a túa IP e pepito.
  • Confirma en /etc/nsswitch.conf que podes usar o ficheiro para consultas DNS.
  • Mostra no teu caderno que funciona facendo ping pepito
  • Desfai o feito

Niveis dos dominios

Como se apaña internet para que un dominio que queras rexistrar ti non estea rexistrado en… Australia? Hoxe tócache investigar un chisco. Podes consultar nesta páxina.

O teu traballo:

  • Que son os servidores raíz?
  • Cantas organizacións os xestionan no planeta? Onde están localizados en España?
  • Cal é a organización encargada de xestionar os dominios de alto nivel en internet?
  • Cal é o TLD do teu blog? E o dominio de segundo nivel?
  • Averigua quen xestiona o TLD .es Cantos hai rexistrados a día de hoxe?
  • Pon exemplos de dominios xenéricos e de ccTLD.
  • Na lista de novos TLD que se poden utilizar indica dous que sexan patrocinados e dous non patrocinados. Cal é o derradeiro gTLD incluído?

Curiosidades do TLD .tv

Mercar un dominio

Non me gusta moito o enderezo deste blog, demasiado longo. Podo poñer algo máis curto tipo profe.edu ou ciclos.com e que enlace con este blog. Cómpre rexistrar un dominio e para eso hai que pagar. 

 

O teu traballo:

Averigua aquí si existe irochiño.es  e tamén aquí si existe irochiño.gal 

Averigua o mesmo para o dominio correspondente ó teu blog.

Pescuda en internet os prezos que nos pode costar. Fai unha lista rexistradores cos prezos e insire a ligazón do que ti escollerías. Explica as túas razóns.

Como curiosidade cotillea aquí os prezos dalguns dominios que estean libres.

IP ou nome do dominio

Para navegar por internet preciso a IP do sitio web que quero visitar. Imos consultar DNS para facer a conversión de IP a nomes de dominio. E o contrario: se teño unha IP a que nome corresponde?

O teu traballo:

  • Averigua cal é a IP da Xunta usando ping ou tecleando o comando getent hosts xunta.es
  • Cal será a do Centro de Supercomputación de Galicia? Aquí unha pista. Compróbao nun navegador
  • Averigua cal é o nome do dominio que ten de IP 82.223.10.146 .
  • Se traballas en Linux podes usar tamén host ou dig. Hai a posibilidade de usar online por exemplo aquí ou aquí. Interesante esta páxina
  • Copia e pega a rota dos paquetes para google.com.