Xa tes o teu nome de dominio e no noso servidor de DNS dserver00 está configurada a zona directa. Imos coa inversa. Queremos resolver de IP ós nomes dos nosos ordenadores. O procedemento vén sendo a mesma idea.
O teu traballo:
- Declaro que vou facer unha zona inversa:
nano /etc/bind/named.conf.local
2. Teño que fabricar db.172.16.5 alí onde dixemos en named.conf.options e fareino coa plantilla como antes:
cp /etc/bind/db.empty /var/cache/bind/db.172.16.5
3. Agora hai que engadir rexistros PTR que eran os das buscas inversas:
4. Comprobo se cometín algún erro de sintaxe
named-checkzone 5.16.172.in-addr.arpa /var/cache/bind/db.172.16.5
5. Cargamos a configuración nova e comprobamos se vai a cousa:
systemctl reload bind9
systemctl status bind9
systemctl status bind9






