Probar DNS en webmin

1. Imos ir comprobando se vai ben: Check BIND Config nas Opciones Globales del Servidor

2. Na barra lateral onde Otros/System and Server Status ten que ter un tip verde:Captura de pantalla 2018-11-07 a las 1.16.24

3. Estupendo. Repasemos a configuración de Rede. Deixamos vai boa pendente o botón Nombre de máquina y cliente DNSCaptura de pantalla 2018-11-08 a las 0.22.36

Non vos lembra aquelo de /etc/nsswitch.conf pois vén sendo o mesmiño.

4. Regresar a configuración de Red e por suposto Aplicar Configuración

Captura de pantalla 2018-11-08 a las 0.25.39.png

5. Veña, vai a boa:

DNS en webmin

Xa temos instalado a interfaz web para administrar servidores. Comezamos polo servidor de DNS. Non temos instalado bind9 pero non hai problema: webmin vaise decatar e vainos preguntar se queremos.

O teu traballo:

1.Arranca o navegador con https://uservidorXX:10000

2.Na barra lateral fai clic en Un-used modules/BIND DNS server

3.Efectivamente cómpre instalar bind9

Captura de pantalla 2018-11-06 a las 23.40.44.png

4. El fai o traballo, incluso instala as net-tools que nós tivemos que facer a man. Abaixo de todo actualiza os módulos para que o de DNS pase a estar en Servidores

5.O primeiro que temos que facer é crear as zonas. Baixando pola pantalla:

Captura de pantalla 2018-11-06 a las 23.46.55.png

6. Tradicionalmente comezamos pola zona directa (por esas cousas da tradución aquí chámase Reenvío. Invento un nome de dominio novo e obrígame a poñer un correo:Captura de pantalla 2018-11-06 a las 23.51.59.png

7. Aínda non lle dixemos a IP. Lembrades aquelo dos rexistros AAA e tamén o rexistro A:Captura de pantalla 2018-11-07 a las 0.19.36.png 8. Temos que cubrilo co hostname do servidor DNS maila súa IP:Captura de pantalla 2018-11-07 a las 23.32.18

9. O mesmiño para a zona inversa. Sae un popup que nin teño que teclear os datos:Captura de pantalla 2018-11-07 a las 23.37.34.png

xa se encarga de facer aquelo de in-addr.arpa ou de crear ficheiros db.xxxxx.xxx

10. Por aquí estamos e aí mesmo facemos clic para editar a zona maestra:Captura de pantalla 2018-11-07 a las 0.17.03.png

11.  Agora aquelo que ía nos ficheiros de configuración. Xa pon el os puntiños finaisCaptura de pantalla 2018-11-07 a las 0.28.08.png

13.O equivalente a status, restart, stop:Captura de pantalla 2018-11-07 a las 0.59.43.pngCaptura de pantalla 2018-11-07 a las 1.01.18.png

Obtemos algún erro? Sempre podemos “Edit Config File”

Captura de pantalla 2018-11-07 a las 23.43.03.png

 

 

Paso 7: Melloras DNS e DHCP

Lembrades que falamos de que un servidor de DHCP pode asignar sempre a mesma IP á mesma máquina se ten gardada o dato da súa MAC.

O teu traballo:

1.Consultando esta páxina fai o posible para que o teu servidor asigne sempre a mesma IP a un dos teus clientes (averigua antes a súa MAC). Móstrao nunha captura de pantalla.

2.Fai un script comprobador.sh no servidor para que consulte o status de todos os servizos dispoñibles. Copia o código no teu blog.

Traballo voluntario: xa que estamos neste documento. Que tal intentar o apartado seguinte e que o noso servidor DHCP ofreza tamén un nome á máquna que se lle conecta? 

Traballo avanzado: Facer un servidor DNS seguro. 

Paso 6: xogar con DNS+DHCP

Se todo vai ben pode que non aprendamos dabondo do que acontece cando as cousas se botan a perder.

O teu traballo:

Estropea o servidor. Fai experimentos:

  • Que pasa se inactivas o DNS e reinicias ucliente? Que cousas non podes facer? Como quedan as configuracións?
  • Que pasa se inactivas o DHCP e reinicias ucliente? Que cousas podes facer? Como quedan as configuracións?
  • Cóntanos todo o que andas a facer.
NOTA: procura ir desfacendo e refacendo e que ó final funcione todo!!!

Paso 5: cliente DNS+DHCP

Se o servidor funciona imos buscarlle clientes. Temos un ucliente que podemos utilizar. Mellor facer unha instantánea antes.

O teu traballo:

  1. Seguro que está o servidor apagado ou gardado?
  2. Arrancamos ucliente e volvemos a poñelo en modo Automático (DHCP) e borramos se é necesario o dominio de busca que engadíramos con nm-connection-editor
  3.  De verdade está o servidor apagado?  😦  Reiniciamos ucliente con dserver00 desconectado.
  4. Se dserver00 está desconectado 😦 Que acontece?. Explica a razón. Mostra o teu resultado cunha captura de pantalla.
  5. AGORA Siiiiii. Apagamos ucliente e arrancamos o servidor dserver00. Verificamos que todo vai ben, que todos os servizos están activos. Mostra unha captura.
  6. Arrancamos ucliente. Desconectamos e volvemos a conectar a rede
  7. Ten agora IP? Cal é o servidor de DNS? Mostra os teus resultados.
  8. Cal é a túa saída de /etc/resolv.conf
  9. Todo ben por /etc/nsswitch.conf ?
  10. Podemos facer ping ós nosos equipos? host? ping google.com?
  11. Fai unha captura do rango de IP que regala o teu servidor DHCP