Publicar en GitHub

Imos subir os nosos sitios web a GitHub. É unha rede social para desenvolvedores de software e úsase  para otras moitas cousas pero nós imos comezar dominando os commit e fork e conceptos sinxelos.

O teu traballo:

  1. Crea unha conta en GitHub e pon unha ligazón dos teus repositorios no teu caderno electrónico.
  2. O teu primeiro repositorio ten que chamarse atúaconta.github.io
  3. Acepta a creación dun README.md
  4. Navega ata atúaconta.github.io
  5. Sube os ficheiros que fixemos.
  6. Engade as URL seguintes: a do teu sitio web e a do teu GitHub.
  7. Navega ata o proxecto dun compañeiro e fai fork do seu repositorio.

Tomar medidas en CSS

Normalmente medimos en cm en deseño web é bastante habitual empregar px. Imos ver todas as posibilidades.

O teu traballo:

Consultando  as nosas familiares páxinas estudia o que é:

  1. O significado de px
  2. Que é un tamaño relativo?
  3. Que significa unha fonte de tamaño 3em? Pon exemplo con captura de pantalla
  4. Cal é a diferencia con 3rem?
  5. Que significa poñer un tanto por cento?

Sublime Text

Existen moitos editores nos que traballar. A min persoalmente gústame VSCode e lembrade a versión Portable  pero moitos profesionais aconsellsan que aprendamos  Sublime Text. Imos aló.

Referencias:

O teu traballo:

  1. Instala Sublime Text Portable
  2. Deberíamos aprender todo esto.
  3. Instala o xestor de paquetes Package Control copiando e pegando o código dado
  4. Seguindo este vídeo demostra que instalaches:
    1. SidebarEnhancements
    2. AutoFileName
    3. ColorHighlighter
    4. BracketHighlighter
    5. Emmet
  5. Cotillea nas miñas anotacións o que vou atopando interesante.

Análise de código en HTML

Polo de agora estivemos tecleando código HTML e CSS. O reto de hoxe vai ser analizar un documento e imaxinar como debe ser. 

O teu traballo:

Obtiven este código HTML dun sitio de libros online: uniwebsidad.com. Modifiqueino un nadiña para adaptalo un pouco.

  1. Fai  no teu caderno electrónico unha lista de etiquetas que sexan novas e explica o que significan.
  2. Modifica o necesario e propón un .css con alomenos 10 propiedades distintas que melloren o deseño. Fai unha captura de pantalla de como queda a páxina web.
https://uniwebsidad.com/libros/xhtml/capitulo-8/elementos-de-formulario

Atopado por aí…

Imos traballar doutro xeito. Buscando por internet plantillas de CSS podemos atopar cousas moi chulas para modificar ó noso gusto.

O teu traballo:

  • Mira no repositorio en GitHub para ler a idea deste exercicio.
  • Descargade  ou clonade a carpeta e probade a ver o .html nun navegador.
  • Cambiade o texto para personalizalo un pouco.
  • Cambia cores e aliñacións no CSS.
  • Modifica os iconos.
  • Trata de modificar propiedades máis avanzada.
  • Conta no teu blog algunha descoberta que fixeras e pon a ligazón nun comentario para que o vexamos todos.
  • Pon a ligazón á túa web recén subida