Que é un un? que é un cero?

Encendido/apagado? si/non? on/off? vale, todo eso é binario pero en realidade como viaxan os uns e os ceros polos cables ou pola fibra? e polos medios sen fíos? Imos profundar un chisco desto do que falamos.

O teu traballo:

  1. Que significa codificar?
  2. Busca información sobre algunha das codificacións que se ve na imaxe (fai clic nela para ampliar)
  3. Codifica cos tres primeiros métodos:
    1. 11100011
    2. 10101100
  4. Fai un cronograma con DIA e sube unha captura de pantalla do apartado (b) do exercicio anterior.
  5. Para comprobar se imos ben.
  6. Exercicios avanzados

Mates binarias

Velaí van uns exercicios para repasar o que fixemos na aula de contar en binario. Supoño que agora pillades o chistiño friqui da imaxe de hoxe.

O teu traballo:

Resolve este boletín de codificación con boli e papel (si, si, esa cousa tan antiga  que destroza os bosques)

Para comprobar se o estamos facendo ben. Aquí directamente un conversor de IP a binario.

Reaprender a contar

Comezamos cun post moi sinxeliño, contando como se só existiran dous números no universo. Algo así coma o código Morse.

Busca información sobre distintos tipos de codificación, por exemplo binario e hexadecimal.

O teu traballo:

Codifica o teu nome en binario, podes usar esta páxina como exemplo.


Que é a codificación en hexadecimal? Busca en internet como codificar o teu nome en hexadecimal e anótao no teu blog.


Como están codificadas as cores?Anota no teu blog o hexadecimal da túa cor favorita (lembra comezar con #)

E o resto de caracteres que non están no ASCII dos vellos tempos? Imos comprobar que no fondo todas as letras teñen un número asociado cun pequeno xogo:


Vai ao bloc de notas de Windows e coa tecla ALT da esquerda e usando o teclado numérico teclea 64. Cal é o carácter que sae? Probamos con 126? Xoga ti metendo números altos. Fai unha pequena táboa das túas pescudas e súbea ao teu blog nunha captura de pantalla.


Podes comprobar todo esto no Mapa de caracteres de Windows.

Conversións con binario

Xa que estamos nun mundo dixital de uns e ceros imos aprender a traducir de binario a decimal. O primeiro que faremos será contar en binario, despois aprenderemos a pasar de binario a decimal e tamén o contrario. Farémolo a man pero para comprobar se vai ben podemos usar esta chuletita06-dec-to-bin

O teu traballo:

Fai unha chuleta no teu caderno electrónico usando as túas palabras na que expliques como facer para:

  1. Sumar en binario.
  2. Pasar de binario  a decimal.
  3. Pasar de decimal a binario.

Binarios con signo?

Pode que precisemos un pequeno repaso das conversións de números. Como podemos representar números negativos? Falamos na aula de tres solucións:binary_codes

  • Signo-magnitude
  • Complemento a 1
  • Complemento a 2

Imos practicar as dúas primeiras.

O teu traballo:

  1. Se o meu ordenador traballara  en signo-magnitude, como serían 23DEC, e tamén -23DEC
  2. Se o meu ordenador traballara  en complemento a 1, como serían 23DEC, -23DEC
  3. Como é o cero nos dous métodos?
  4. Fai unha lista de números dende cero contando cara “atrás” ata -4DEC  Represéntaos en signo-magnitude e en complemento a 1 nunha táboa
  5. Cal é o número máis grande que se pode representar con estes métodos? Cal era cando non tiñamos en conta o signo?
  6. Anota na túa libreta as vantaxes e desvantaxes destes métodos de representación. Consulta na wikipedia.
  7.  Calcula 6DEC en binario. Agora obtén -6DEC en binario con complemento a 2. Suma os dous binarios que calculaches. Canto é 6+(-6) en binario?