Configuración de Apache2

Xa vimos que en /etc/apache2 temos unha chea de ficheiros e directorios. Imos desmenuzar o que alí atopamos.

O teu traballo:

Consultando aquí

1.Cal é o ficheiro de configuración principal?

2. Cal é a diferencia entre o contido de conf-enable e conf-available?

3.Cales son os ficheiros de configuración teus que estarán activos a próxima vez que arranques apache2? Fai unha captura de pantalla.

4.Como se crean as ligazóns simbólicas en apache2?

5. Como podo saber se a sintaxe dos meus ficheiros de configuración é correcta?

6.Onde podo averiguar a configuración do sitio web que trae de fábrica e que está en funcionamento?

7.Averigua e mostra o contido dos ficheiros .log de /var/log/apache2/ Fai unha captura de pantalla da saída deses ficheiros (chegan as dúas derradeiras liñas)

Servizo web: Apache2

Tócanos agora instalar un servidor web que proporcione páxinas aos nosos clientes. Coma sempre teremos que instalar os paquetes axeitados. Nós traballaremos cun clásico: Apache pero non perdades de vista Nginx que se está convertindo no servidor web de referencia.

O teu traballo:

Unhas pequenas ideas aquí. Comezamos a montar o noso servidor web:

  1. Fai unha instantánea de dserver00 do primeiro día antes de instalar nada.
  2. O nome de host será dserverXXweb. Lembra indicalo en /etc/hosts/
  3. Tócanos instalar o apache (versión 2) en dserverXXweb:
    apt update && apt upgrade -y
    apt install apache2
  4. Xa está? systemctl status apache2
    Está activo? Estupendo. Mostra a túa pantalla.
  5. .A IP estática desta máquina será 172.16.5.12 Lembra consultar aquí.
  6. Confirma que estás na nosa rede e que temos saída a internet
  7. Captura a saída de tree -L 1 /etc/apache2
  8. Cotillea no ficheiro de configuración. Onde está o ficheiro que estás visualizando?
Máis información aquí e tamén aquí (polo de agora non atenderemos o ufw)

Apache en Webmin

Temos a man a máquina na que instalamos Webmin? Se non cómpre volver a instalalo. A actividade de hoxe vai ser montar un servidor apache en modo gráfico.

O teu traballo:

  • Lembras como se iniciaba Webmin? era cousa do porto 10000
  • Haberá que instalar o paquete de apache2. Xa o fai Webmin cun Pulse aquí :
  • Actualizando aparece en Servidores. Escollendo onde di Apache WebServer fixámonos onde deben ir os sitios web: onde sempre!!!
  • Fabrica un ficheiro boas.html e méteo na carpeta típica de apache2
  • Nunha  nova lapela podemos ver esa páxina web tan estupenda? Mostra a túa.
  • Inventa ti un sitio novo co seu directorio máis o seu index.html. En Webmin a configuración debe ser algo así como:

  • Lembra o servidor de DNS ou /etc/hosts. Demostra que funciona no navegador tecleando http://www.webita.gal

  • Por certo… aquelo dos propietarios dos ficheiros… aquel www-data
  • Agora imos xogar un chisco. Non vos parece sosa a páxina que sae cando hai un erro 404? Vouna personalizar. Facendo clic na bóla do mundo do meu sitio vou a Manejo de errores

  • No navegador inventa algo tipo http://www.webita.gal/asdf. Mostra o teu resultado.
  • VOLUNTARIO: Alguén se atreve a modificar o porto a 8888? e un sitio web seguro?
Máis información