Hosts virtuais en Apache (2/2)

E o noso segundo sitio web:

www2.sitioXX.com

funciona? Nesta páxina axudan a resolver problemillas

O teu traballo:

Vainos contando como fas todo o procedemento cun segundo sitio web. A min vaime quedar o ficheiro de configuración:Mostra capturas dende o cliente  Ubuntu cando no navegador indicas:

http://172.16.5.12
http://dserverXXweb
http://www1.sitioXX.com
http://www2.sitioXX.com

Todo esto que fixemos chámase Virtual Host baseado en nomes habería outra posibilidade que é baseado en IP.  Aquí está moi ben contado

Hosts virtuais en Apache (1/2)

Agora tocan os ficheiros de configuración. Xa temos un modelo que nos vai vir estupendamente: lembrades 000-default.conf pois imos copialo e personalizalo para non ter que teclear todo de vez.

O teu traballo:

1.Imos inspirarnos no ficheiro de configuración que trae de fábrica, ou sexa, copiazo directamente:

cd /etc/apache2/sites-available/
cp 000-default.conf  sitioXX.conf

2.Temos así un ficheiro de configuración sitioXX.conf  con xusto o mesmo có de fábrica.  Temos que preparar o noso:

Cal é o nome do noso sitio?
Cal é a ruta do noso sitio?

Revisa a sintaxe por si acaso e fai captura do teu.

3. Agora que estamos en sites-available queremos habilitalo e que estea en sites-enable. Descubrimos o comando:
a2ensite sitioXX.conf

Está nos dous directorios?

4. Imos deshabilitar a configuración de fábrica:
a2dissite 000-default.conf

Veña que xa vai!!! Decatádevos que nos manda facer un reload.

5. Correndo ó cliente por ver se vai. A min siiiii:👏👏

6. Aínda non está ben de todo… alguén nota o que pasa?

Eso xa é cousa vosa: Pode que no servidor DNS ou pode que no /etc/hosts

Máis información aquí e tamén aquí se queredes cambiar as rutas ou aquí para usar alias , atopei esto polo tema dos subdominios.

Varios sitios web en apache

Xa vimos que un sitio web no fondo é unha carpeta, tamén vimos  que apache2 trae unha web de proba. O sitio que trae de fábrica ten un ficheiro de configuración  no directorio sites-available e os seus .html na ruta que indica ese ficheiro. Facéndose unha idea de como é o modelo imos crear nós un par de sitios web no noso apache.

O teu traballo:

Comezamos creando un directorio para o novo sitio. Non imos complicarnos: no mesmo /var/www/html creamos unha carpeta que se chame www1.sitioXX.com:

mkdir /var/www/html/www1.sitioXX.com

Quen é o propietario dese directorio? Non debería ser root !!!

No ficheiro envvars está o USER que deberíamos usar; ou ben averíguao co comando:

apachectl -S

Temos que dar permisos a ese usuario e grupo chamados www-data:

chown -R www-data:www-data /var/www/html/www1.sitioXX.com

e xa que estamos damos permisos ao pai para ter acceso a todo:

chmod -R 755 /var/www/html

Pode que xa estea listo: carpeta do sitio creada, permisos concedidos….. agardade, non hai sitio web con sentidiño se non ten un index.html !!!!!

Eso sabemos facelo ben:

nano /var/www/html/www1.sitioXX.com/index.html

vós veredes o que vos complicades co deseño web 😉

Pero…. o plan era ter dous sitios web no mesmo apache. Moito ánimo: facede outro tanto para un novo www2.sitioXX.com

Máis información

Directivas de Apache

Xa temos instalado Apache2, arrancamos o servizo e  xa vimos a a arbre de directorios e a páxina web que trae de fábrica. Para personalizar este servidor Web temos as directivas. Ocupan unha liña e non levan o signo “igual” nen dous puntos, tal cual o nome da directiva e o seu valor.

O teu traballo:

  1. Bota un ollo ás directivas que ten Apache.
  2. Mira teu ficheiro /etc/apache2/apache2.conf e anota  tres ou catro das directivas que tes sen comentar e indica o seu uso.
  3.   Consulta a directiva DocumentRoot , cal é o valor que trae na documentación? Cal é o que tes ti no teu ficheiro /etc/apache2/sites-available/*.conf
  4. Consulta esta páxina e conta para que se usan as directivas: Listen, ServerAdmin, ServerName e ServerAlias. Pon unha ligazón en cada directiva á páxina correspondente da documentación.
  5. Cales son os valores desas directivas no sitio web que trae de fábrica?
  6. Vai ao ficheiro ports.conf e engade outra liña coa directiva Listen 8888  recarga o apache e trata de ver a páxina de proba dende un cliente indo por ese porto: http://172.16.5.12:8888

Clientes para o servidor web

Se xa funciona o servidor Web facemos o de sempre: Comprobar se un cliente recibe resposta a unha petición de páxina web.

O teu traballo:

Imos comprobar se un ucliente é quen de conectarse e ver unha páxina web.

1.Arrancamos o dserverXXweb 
2. Confirmamos que ucliente  ten unha IP da nosa rede e que fan ping servidor e cliente.
3 En ucliente  imos ó noso navegador favorito. Tecleamos a URI seguinte:

http://172.16.5.12

4. Onde estará o ficheiro .html que se mostra no cliente? Modifica ese ficheiro no servidor e pon o teu nome grandote para demostrar nunha captura de pantalla que o tes.

5.Se en troques de poñer a IP queremos poñer o nome de host, que deberíamos modificar nos nosos servidores para usar o nome de host na barra de navegación?