Módulos en apache2

Os módulos veñen sendo algo así como as extensións de Apache, por facer unha comparación familiar unha especie de plug-in que nos permite engadir utilidades novas.

O teu traballo:

Busca nesta páxina información para averiguar:

  1. Cal é a razón para instalar módulos en apache2?
  2. Obtén a lista de módulos que tes instalados empregando apachectl -M
  3. Averigua os módulos que tes habilidados mirando en /etc/apache2/mods-enable.
  4. Cantos tes dispoñibles  que teñan no seu nome ssl*?
  5. Como son os comandos para habilitar e deshabilitar un módulo?
  6. Cal é a utilidade do módulo mod_ssl?
Consulta dos módulos máis importantes

Certificados ssl

O noso servidor web non é seguro. Podemos recibir ataques e calquera pode ler o que recibimos ou enviamos. Para protexer as nosas comunicacións debemos tratar cun chisco de criptografía.

O teu traballo:

  1. Que é un certificado ssl? sabes deste tema Como vai nas webs?
  2. Para que se usan as chaves públicas e privadas?
  3. Que é un certificado autoasinado?
  4. En que casos pode empregarse?
  5. Pon o nome dun par de empresas que vendan certificados dixitais
  6. Imos fabricar un certificado ssl autoasinado para o noso apache.
  7. Instala openssl tecleando a seguinte liña no teu dserverXXweb:

openssl req -x509 -nodes -days 365 -newkey rsa:2048 -keyout sitioXX.key -out sitioXX.crt

8. Vai contestando. O importante é a liña na que pide o nome; abonda coa IP do teu dserverXXweb

9.Que significan os flags desta liña de comandos?
10. Mira o contido destes novos ficheiros. Cal é o certificado público? Cal é a chave privada?
11. Cal non debes XAMAIS compartir con amiguitos?

Apache por IP ou portos

O xeito que temos de acceder a un sitio web aloxado no noso servidor é poñendo no navegador do cliente o nome do sitio tal e como está gardado no servidor. Existe outra forma  de facelo: en troques de usar o nome empregar o porto no que está rexistrado. Alguén lembra algo de portos en redes de ordenadores? 

O teu traballo:

1.No servidor web averigua en que porto estaba escoitando. Faino consultando o ficheiro ports.conf

2.Engade outro porto, por exemplo 8080

3.Recarga apache2

4.Fabrica un novo sitio web que se chame www3.sitioXX.com que teña os permisos axeitados  mailo seu index.html

5.Modifica no teu ficheiro de configuración sitioXX.conf engadindo ó final:

6. Habilita o novo sitio web con a2ensite sitioXX.conf, se tal mira os ficheiros de log ou confirma que todo está ben con apachectl -S tamén lembramos apachectl configtest

7.No meu cliente funciona moi ben. Fíxate que tes que empregar o número de porto tras dous puntiños

ou  o nome que teñas no teu servidor de DNS (ou o famoso /etc/hosts do cliente)

Máis información

Logs en Apache

Todas as peticións que fai un cliente web e todos os erros que se producen mentres o servidor web está activo quedan rexistrados nos chamados ficheiros log.

O teu traballo:

1.Averigua onde están gardados os teus ficheiros log, tanto error.log coma access.log usando o comando:
apachectl -S

2. Unha nova para aprender: o comando tail como sabes mostra o final dun ficheiro. Se engadimos tail -f daquela queda agardando algún evento e podemos ver en tempo real o que acontece no apache.

tail -f  /var/log/apache2/access.log

deixa o terminal e actualiza no cliente a páxina web. Que acontence no servidor? Mostra unha captura cando resolve ben e outra cando hai un fallo.

 

Apache2: aviso AH00558

Supoño que sabedes o que é un warning. Non é importante pero estorba. Cando facemos a instalación de apache2 e para comprobar a sintaxe executamos un dos comandos:

apachectl configtest
apachectl -t

resulta que obtemos o que está catalogado como warning AH00558

O teu traballo:

Como contan neste blog engade ó final do ficheiro /etc/apache2/apache2.conf a directiva

ServerName localhost

É un warning, non é importante pero xa que tentamos facer un pouco ben as cousas non está de máis. Mostra que o fixeches no teu caderno electrónico.

Recargamos o ficheiro de configuración

systemctl reload apache2.service

Comprobamos se só dá Syntax OK cos comandos de comprobación da sintaxe.