GitHub+codespaces+documentar

No noso repo contornosJava tedes unha carpeta que se chama *_sendocumentar son uns ficheiros para que analicedes e documentedes.

O teu traballo:

Descarga/fork/clona o que queiras documenta todos os ficheiros, incluso esaxerando. Lembra empregar alomenos @author @version @param @see

Xenera o sitio web con javadoc contoda a túa aportación. Súbeo a un repositorio e deixanos no teu blog o enderezo para que poidamos consultalo.

A que subrede pertence un equipo?

Sabemos organizar unha rede en subredes cambiando a máscara pero como podemos saber a que subrede pertence un ordenador do que sabemos a súa IP?

O teu traballo:

O que temos que facer é, como vedes á dereita, facer un AND entre a IP e a máscara pasadas a binario. Sabes responder a estas cuestións no teu blog?

  1. Cal é a IP da subrede á que pertence un ordenador que ten 123.4.5.6 con máscara 255.192.0.0
  2. Un ordenador está configurado con 192.160.3.44/18 Cal será a IP da subrede na que está?
  3. Cal será a IP de broadcast da subrede na que está un ordenador con 172.32.32.16/25
  4. O meu ordenador ten a configuración da captura de abaixo. Cal é a IP da subrede na que está? Cal é a IP de broadcast?

 

Contedores en GitHub

Moitas veces é un lío eso de ter que instalar vscode, o jdk, comprobar se vai… e no fondo o que queremos é facer algo sinxelo nun equipo novo.

Os contedores é unha nova tecnoloxía que permite simular sistemas operativos coas app xa instaladas, unha especie de máquinas virtuais. Hoxe xogamos con contedores que nos propón GitHub aos que chama Codespaces que son distros de linux con vscode instalado

O teu traballo:

Vai a un dos teus repos e fai clic en Codee alí preme o signo + e xa abre unha nova xanela cun nome simpático que é tal cual un VSCode. Acabas de crear un contedor

Instala alí JavaDoc Tool e a liña para obtermos o sitio web dun ficheiro que teñas, por exemplo SerieDeAleatoriosD.java

Alí á dereita abaixo premede Go Live e tedes a posibilidade de ver a documentación web se tedes a extensión Live Server:Que tal quedou a cousa? Mostra as túas pescudas

Javadoc crea html

Falamos dunha extensión de VSCode que automatiza a documentación de código en java. En realidade funciona estupendamente no terminal.

O teu traballo:

Escolle algún dos ficheiros que teñas en java e documéntao moi polo miúdo. Podes faceloo usando a extensión da que falamos: Javadoc Tools. Lembra usar tags de javadoc  como as que ves na imaxe da dereita e bótalle un ollo a este enorme exemplo de documentación.

Vai ao terminal, sexa o propio do sistema ou ao de VSCode, digamos que estás interesado en Boas.java decide cal é o directorio onde queres que vaia  a documentación, por exemplo en docs/ Teclea agora:

javadoc -d docs/ Boas.java

Verás que a carpeta agora é tal cual un sitio web cos seus .html e os .css Efectivamanente, localiza o ficheiro Boas.html ou ben index.html e mira todo o que alí se conta. Modifica os .css para poñelo máis do teu gusto,  coa túa imaxe corporativa, non pode quedar como de fábrica!!

Fai capturas de pantalla e cóntanos como quedou  a túa documentación.

Hub, switch, router,…

Cando falamos de nodos dunha rede tendemos a pensar en ordenadores con cables pero outros dispositivos de hardware aparecen aquí e alá. Falemos dos intermediarios entre os ordenadores.

O teu traballo:

  1. Cal é a utilidade dun repetidor?
  2. Cal é a diferencia entre un hub e un switch?
  3. Que é un dominio de difusión?
  4. Que información precisa un bridge para enviar un paquete a un segmento?
  5. Para que se usa un router?
  6. Xoga  no teu windows co comando tracert e explica as saídas que obtés.
  7. Vai a unha tenda online e escolle un switch axeitado para unha aula con 20 equipos. Cal é o prezo? No teu caderno pon o enlace para ese modelo.