Sabemos organizar unha rede en subredes cambiando a máscara pero como podemos saber a que subrede pertence un ordenador do que sabemos a súa IP?
O teu traballo:
O que temos que facer é, como vedes á dereita, facer un AND entre a IP e a máscara pasadas a binario. Sabes responder a estas cuestións no teu blog?
- Cal é a IP da subrede á que pertence un ordenador que ten 123.4.5.6 con máscara 255.192.0.0
- Un ordenador está configurado con 192.160.3.44/18 Cal será a IP da subrede na que está?
- Cal será a IP de broadcast da subrede na que está un ordenador con 172.32.32.16/25
- O meu ordenador ten a configuración da captura de abaixo. Cal é a IP da subrede na que está? Cal é a IP de broadcast?

