Javadoc crea html

Falamos dunha extensión de VSCode que automatiza a documentación de código en java. En realidade funciona estupendamente no terminal.

O teu traballo:

Escolle algún dos ficheiros que teñas en java e documéntao moi polo miúdo. Podes faceloo usando a extensión da que falamos: Javadoc Tools. Lembra usar tags de javadoc  como as que ves na imaxe da dereita e bótalle un ollo a este enorme exemplo de documentación.

Vai ao terminal, sexa o propio do sistema ou ao de VSCode, digamos que estás interesado en Boas.java decide cal é o directorio onde queres que vaia  a documentación, por exemplo en docs/ Teclea agora:

javadoc -d docs/ Boas.java

Verás que a carpeta agora é tal cual un sitio web cos seus .html e os .css Efectivamanente, localiza o ficheiro Boas.html ou ben index.html e mira todo o que alí se conta. Modifica os .css para poñelo máis do teu gusto,  coa túa imaxe corporativa, non pode quedar como de fábrica!!

Fai capturas de pantalla e cóntanos como quedou  a túa documentación.