Documentar en Java

Imos ver como crear documentación do xeito máis eficaz empregando extensións en VSCode.

O teu traballo:

Na páxina do VSCode cóntanos todo o que aconsella instalar:

  • Java Platform Extension for Visual Studio
  • CodeExtension Pack for Java
  • Javadoc Tools
  • Debugger for Java

😉Eu na casa tiven que instalar antes esto en Win 11 e buscalo en F1/Java: Configure RunTime 🤫

Fai un fork e descarga este pequeno repo no teu ordenador.

  1. O ficheiro Boas.java seguro que o dominades pero imos intentar que nos documente automaticamente eso tan sinxelo: F1/Generate JavaDocs Comments for Open File Vedes o que fai? Agora vós mesmos deberíades substituír o que deixa marcado coa información que consideredes relevante.
  2. Analizade agora o ficheiro Punto.java e volvede a documentalo automaticamente.
  3. Que tal agora co Vehiculo.java?
  4. Fai capturas de pantalla e explica no teu blog como queda a túa documentación

Recursos para aprender a documentar estupendamente

Switch a man (ex 1)

Lembras que fixemos un exercicio para aprender a manexar Packet Tracer. Agora imos facerlle algúns cambios para aprender un chisco máis sobre este programa de simulación.

O teu traballo:

Xa notarías que o HomeRouter recoñece aos portátiles e dálles unha IP privada para que estean todos na mesma rede, diríamos dentro da casa. O problema é se non tes DHCP e tes que meter todo a man.Imos quitar o router e poñer un switch:

  1. Colle varios portátiles e ponlles unha tarxeta de rede para conexión por cable. Por exemplo NM-1-CE
  2. Escolle un switch, por exemplo Switch-PT
  3. Conecta tres portátiles cun cable ao switch, seguro que dá erro. Sabes a razón?
  4. Efectivamente, temos que poñer a man a IP de cada portátil. Escollemos IP de clase A. Fai ti a túa proposta, asegúrate que están no mesmo rango.
  5. Lanza ping dun portátil ao outro e verifica que funciona.
  6. Fai capturas nas que contes como funciona todo.