Podemos participar no traballo de descoñecidos e aportar un chisco do noso saber. Botade un ollo aos miles de proxectos que hai por internet e sen necesidade de ser amigos ou coñecidos de alguén botádelles unha man en mellorar o seu traballo.
O teu traballo:
Imos participar nun proxecto de alguén “descoñecido”
- Clona o proxecto que che pareza interesante. Que tal este?
- Entra na túa conta de GitHub e fai un fork.
- Clona no teu equipo local e proba en VSCode que funciona o código
- Crea unha póla co teu nome e documenta o que pensas que fai cada ficheiro.
- Sube esa póla ao teu fork. Dálle a Compare and Pull Request
- Fai un Pull Request sobre o meu repositorio base que prometo aceptar se é interesante.
