Xa vimos como facer aportacións de ficheiros novos a repos nos que somos colaboradores. O problema é cando queremos modificar un ficheiro e subilo ao repo. Cal é o bó? o que estaba ou a túa mellora? Hoxe toca que todos participemos no mesmo ficheiro para forzar conflictos e aprender a resolvelos na web de GitHub.
O teu traballo:
Continuamos co repo no que sodes colaboradores.
- Fai un
git pullantes de nada que seguro que temos novidades. 😉 - Creade unha póla nova que se chame
conflictoOteuNomee vai a ela. - Teclea o teu nome e a URL dun dos teus repos no ficheiro AUTHORS.md. Para axudar un chisco tes neste issue unha pequena receta.
- Fai un
adde uncommit. Se todo vai ben sube a túa aportación:
git push origin conflictoOteuNome
Lembra cambiar á póla principal e borrar a que acabas de crear.
Imos a GitHub e debería avisarnos na lapela de Pull Request de que temos que revisar a man o merge xa que esto non o fai automaticamente:
Temos que facer clic no botón Resolve conflicts e aparece un editor que mete moitos <<<<<<< e tamén moitos ======= que indican a parte do ficheiro onde pode haber conflicto. Podemos borrar todo eso e deixalo como desexemos ou tamén nos dá a escoller:
Agora é cousa nosa facer o que queiramos., eu decidín cambialo todo:
Lembrade marcar como resolta no botón e despois facer un Commit Merge xusto despois se estamos de acordo e resolvimos todos os conflictos:
Coido que aínda ides ter que confirmar poñendo comentarios se vos apetece. Borramos a póla remota??
Se queredes tamén podedes resolver os conflictos en terminal
https://agbeltran.github.io/git-novice-es/09-conflict/
- Na descrición do Pull Request pon o nome dun dos teus repos en GitHub e todos imos ir alí a propoñeche algunha mellora. Eu tamén !! Paseniño o que tes que facer está neste issue

