Markdown en VSCode

O primeiro que imos facer é un pequeno proxecto e xa que estamos aprendedes a manexar Markdown. É un xeito de escribir en texto plano pero que se pode visualizar formateado bastante chulo, hoxe en día aparece na web nunha chea de sitios. Fixádevos se é importante que incluso en i-rochiño xa falamos del. 😉

O teu traballo:

  • Crea unha carpeta para o proxecto de hoxe chamada inesperadamente: markdown/
  • Inicia VSCode e en Archivo/Abrir carpeta.. búscaa e ábrea.
  • No mesmo VSCode fabricamos un ficheiro: Archivo/Nuevo Archivo…  e ábrese a Paleta de Comandos e tecleamos directamente o nome coa extensión: aprendendo.md
  • E como se usa markdown? Miramos a chuleta aquí. Póñovos un exemplo do que estou tecleando eu (clic para velo mellor)
  • Tedes que teclear vós mesmos algo como este documento que teña de todo o da sintaxe. Atentos a espazos e saltos de liña.
  • Ide á Paleta de Comandos (F1) e tecleade: Markdown Abrir vista previa en el lateral
  • Quedou ben? é mellorable: instalade unha extensión que se chama Markdown Preview Enhance. Asegúrate de que está habilitada.
  • Na Paleta de Comandos (F1) teclea agora: Markdown Markdown Preview Enhance Open Máis chula?
  • Engade ao teu ficheiro aprendendo.md  a seguinte liña e visualízao dos dous xeitos:

Esto non sempre vai :cry: pero coa extensión que instalamos :smiley:

  • Averigua ti mesmo como meter o logo de i-rochiño no teu documento.

Miles de emoticonos aquí, próbaos todos!!! 🙂

 

Automatizar tarefas

O que fan os ordenadores son tarefas repetitivas. Imos ver como empregando un paquete que se chama crontab e que arranca o proceso chamado cron.

Cron y Crontab – Tough-t-Team

O teu traballo:

Este titorial conta todo o que precisamos.

Arrancamos o editor de automatismos para editalo:
crontab -e
e cando pregunta  escollemos o un que se corresponde con nano.

No ficheiro que nos mostra tecleamos
*  *  *  *  *  echo "xa me enterei" >> /home/kali/automatizado.txt
Que significan os asteriscos? Por que hai cinco? Que é o que vai acontecer?

Proba con tail -f /home/kali/automatizado.txt

sudo service cron status

sudo systemctl status cron

Para ver os automatismos que temos programados faremos:
crontab -l

Para borrar o automatismo: crontab -r

Para automatizar un script faremos o seguinte:

nano escripito.sh

e dámoslle permisos de execución:

chmod 755 escripito.sh

Tecleamos alí, por exemplo

date >> puntual.txt

Creamos o  ficheiro touch puntual.txte dámoslle permisos de execución:

chmod 755 puntual.txt

Abrimos crontab -e para que execute ás 09:00 da mañana de todos os días:

0  9  *  *  *  /home/kali/escripito.sh

Máis información:

Publica un script no que automatices o contido de dúas carpetas cada cinco minutos. Mostra o teu script e o que tes en crontab nunha captura de pantalla.

NOTA: olliño con deixar traballar a automatización!! que vai seguir facéndoo ata que borres a liña!!