Copias incrementais

Podemos facelas a man pero tamén hai opcións que nos permiten automatizar un chisco a tarefa.

O teu traballo:

Bota unha leída a esta páxina e aprende a facer copias incrementais como aquí

Copias en windows

Hoxe sodes vós os profes que tedes que explicar no voso blog como se utiliza un programa para facer copias de seguridade en Windows. O certo é que os mesmos sistemas operativos xa traen algunha ferramenta para facer copias.

FreeFileSync

O teu traballo:

Capa de transporte

Lembrades a capa 2 do modelo OSI? A capa de transporte fai algo parecido, non cos bits pero si coa información que lle chega: controla o fluxo e tamén os erros. En realidade este é o nivel responsable da entrega de orixe a destino de toda a mensaxe, asegurándose que chega intacta e ordenada. A capa IP envía os paquetes ao nodo e a de transporte á aplicación axeitada. Mirade que páxina tan interesante.

O teu traballo:

    1. Que é un porto? 
    2. Cal é o porto que damos por suposto cando tecleamos eso de http:// ou ben https:// ? Busca por internet o número de porto para conectarse en remoto por SSH.
    3. Como se clasifican os portos?
    4. O protocolo TCP é fiable? está orientado a conexión?
    5. Cales son as diferencias entre os protocolos TCP e UDP?