Visual Studio Code en Linux

Na nosa máquina virtual con Linux imos instalar un IDE que se usa moito hoxe en día. Aprenderemos a instalar paquetes en linux e despois imos instalarlle algunhas extensións.

O teu traballo:

Lembra sempre antes de instalar algo novo:

apt update  &&  apt upgrade -y

Na páxina web de VSCode descarga o paquete e faille caso ás instrucións de instalación no terminal. Se  estás no terminal podes arrancar o IDE tecleando code

Parte do interesante deste IDE é que ten moitísimas extensións no que eles chaman o Marketplace e instálanse nesa especie de icono de cubos que temos na barra vertical á esquerda. Probamos  unha que é unha brincadeira: PETS e despois algo serio: Spanish Language Pack for Visual Studio Code

O máis importante que tes que aprender é a abrir a Paleta de Comandos que se fai con F1 (Ctrl Maiúsculas P) Aquí está toooodo o  que podes facer en VSCode, moito máis do que aparece nos menús de toda a vida.

 

 

Pseudocódigo en castelán

Averiguade por internet o que é o pseudocódigo. Para a ir programando sen ter que preocuparse da sintaxe dunha linguaxe é interesante aprendelo. Empregaremos un programa que se chama PSeInt que nos dá feito tamén os diagramas de fluxo.

O teu traballo:

  1. Descarga a versión portable de PSeInt desta páxina
  2. Na carpeta executa o programa wxPSeINt.exe
  3. Podes usar a columna chamada Comandos ou ben teclea no editor:
  4. Pulsa F9 e executa. Funciona? Fíxate que se tes algún erro é quen de detectalo.
  5. Agora fai clic no icono de Dibujar diagrama de flujo. 
  6. Modifica o diagrama e comeza de novo a execución.
  7.  Exporta  a distintas linguaxes (Java, JavaScript, Python3) e fai un pequeno resumo sobre as diferenzas máis visibles (por exemplo como é una asignación de variables, como se mostran por pantalla os resultados, que tipos de datos ten a linguaxe, etc.)
  8. Agora ti teclea pseudocódigo para que nos pida unha cantidade de euros e faga a conversión a dólares. Fai capturas de pantalla nas que demostres que funciona perfectamente. Exporta a Python3 e Java e analiza o código que obtés. Funciona?
  9. Vai ao menú Axuda e en Ejemplos busca algún que sexa interesante e trata de entender o que fai.

 

Simulando redes: PT

Imos aprender a simular redes, non só máquinas virtuais- Probaremos con Packet Tracer, un clásico de Cisco. Incluso ofrecen un curso para afacerse a el.

O teu traballo:

Visita a páxina de descargas e lembra darte de alta. Quedas matriculado nun curso que se chama Introducción a Cisco Packet Tracer 

Parece axeitado que o fagas, verdade? Veña sube unha captura de pantalla das túas cualificacións. Lembra que podes  poñer os subtítulos dos vídeos nun idioma máis familiar.

Nos seguintes post imos ir simulando redes paseniño. Podes deixar esta actividade para máis tarde.