Servidorcitos de xoguete

Imos intentar ver como funciona eso do modelo OSI, especialmente as capas superiores. Necesitamos dúas máquinas virtuais con Linux nunha rede interna, que fagan ping entre elas. Xa van? Escollemos unha delas para que sexa un servidor, a outra será cliente.

O teu traballo:

Na maquina servidor web:

  • Arranca o terminal e anota a  IP da túa máquina, imaxinemos que é 10.0.2.15 Cal é a túa?
  • Crea unha carpeta que se chame web e dentro un ficheiro que teña  index.html de nome (vai ser o teu sitio web).
  • Abre o ficheiro cun editor de textos e teclea algo interesante, tipo “Boas tardes, xentiña”
  •   Entra usando o terminal nesa carpeta co comando cd e teclea a seguinte liña:

python3 -m http.server

Estupendo. Acabas de crear un servidor web que funciona usando o porto que indica na saída do terminal, posiblemente o porto 8000?

Na maquina cliente web:

Vai ao teu navegador favorito e teclea onde normalmente pos https://irocho.wordpress.com o enderezo web: http://10.0.2.15:8000

Xoga ti cambiando IP, portos, o contido do ficheiro, metendo máis ficheiros.html ou fotos na túa carpeta….

Agora imos con algo semellate a un dominio de andar por casa)

Engade a IP do servidor no “listín DNS” da túa máquina cliente cun nome coñeiro, por exemplo florecilla.com

nano /etc/hosts

Convirte ao servidor en cliente e intercambia os papeis das máquinas.

Certificados dixitais

Xa teño a miña parelliña de chaves pública-privada, xa sei cifrar un documento e sei asinalo dixitalmente. O par de chaves fan o seu traballo pero… como pode alguén saber que as chaves pública-privada son miñas? Aquí entramos na relevancia dos certificados dixitais.

O teu traballo:

  1. Vai ás preferencias do teu navegador de internet favorito econsulta na parte de certificados o nome de algunhas autoridades certificadoras.
  2. Fai unha presentación para subir ao teu  blog na que contes como vai esto dos certificados. Como se pode conseguir o da FNMT? Como xenerar un propio, asinado por ti mesmo?
  3. Que é SSL/TSL?  Aquí tamén o venden!!! Que significan as opcións do seguinte comando?

openssl req -x509 -nodes -days 365 -newkey rsa:2048 -keyout sitioXX.key -out sitioXX.crt

Confirma que podes ver os ficheiros do certificado:

openssl x509 -text -noout -in sitioXX.crt

Mira como podes importalo no teu navegador

Algo máis de información en i-rochiño

Incluso nos contan aquí como ser a nosa propia autoridade certificadora.