Como sabe un paquete de datos o camiño para ir dunha rede a outra? Seguimos no modelo OSI e chegamos á capa responsable: a capa de rede. Algúns dos protocolos desta capa xa son famosos para nós: IP e ICMP, por exemplo. Agora temos que aprender a palabra datagrama e seguir falando de enrutamento.
Día: 17 Novembro 2025
Datagramas na capa de rede
Lembras que buscamos un gráfico coa trama Ethernet? Seguro que imaxinas que tamén para os datagramas establecéronse os campos que ten que ter. Vai un datagrama:

Non temos que estudar esto pero si facernos unha idea dos campos que ten.
O teu traballo:
- Fai unha táboa coas diferencias e semellanzas que ves entre unha trama Ethernet e un datagrama. Olliño que aquí falamos de bits e nas tramas habitualmente son bytes.
- Cantos tipos de IP hai? Fai unha pequena lista poñendo exemplos.
- Averigua a IP do teu móbil.
- Cales son os comandos en Linux e Windows para saber a túa IP
- Que representa 127.0.0.1?


