Como borrar a miña parelliña de chaves pública e privada? ou sexa como anular ou revogar un certificado?
O teu traballo:
Imos crear outras chaves para despois anulalas tal e como conta esta web:
- Creamos outro par de chaves pública-privada en gpg como fixemos antes:
gpg --gen-key
- Comprobade que está no noso anel de chaves e cal é o seu id: gpg -k
- Agora creamos un certificado de revogación usando cadanseu id e enviámolo a un ficheiro ao que chamamos cert_revog.asc:
gpg --gen-revoke DC968... > cert_revog.asc
- Respostamos ás preguntas que nos fai e importámolo ao aneis de chaves coma sempre:
gpg --import cert_revog.asc
Volve a ver o teu anel e comproba que está revogado. Fai unha captura desa pantalla.
Impórtao ao servidor de chaves do MIT e investiga como revogar o que acabas de subir.


