Mensaxes con chave asimétrica

Xa teño creada a miña parelliña de chaves pública-privada. Xa teño a miña chave pública exportada nun ficheiro  ao que chamamos (acertadamente) chavePub.gpg e incluso está subida a un servidor de chaves, verdade? Imos intercambiar as chaves públicas entre amiguitos. Usade desta volta as vosas contas de correo reais.

O teu traballo:

Dende a conta coa que creaches a parella de chaves pública-privada envía un correo á persoa que se senta onda ti enviándolle o ficheiro chavePub.gpg que temos creado.

Recibíches o correo coa chave pública do/a compañeiro/a ? Tes localizado o ficheiro? Vai no terminal á carpeta onde estea. Imos gardala no noso anel de chaves:

gpg --import chavePub.gpg

Pensa en algo bonito para dicirlle a esa persoa e crea un ficheiro que se chame mensaxe.txt con esa información. Imos cifrar esa mensaxe.txt coa chave pública do colega:

gpg --encrypt --recipient CORREODECOMPI  mensaxe.txt

Obtemos un ficheiro  mensaxe.txt.gpg ? Xa podemos mandarllo ao compañeiro. Como  faremos para descifralo? Busca a resposta por internet, faino e anótao no teu blog. Ten en conta que se usas -a e xogas co ficheiro .asc debes poñer tamén -a para descifrar.