Kanban

Para organizar o traballo existen varias metodoloxías. Imos falar dos taboleiros de Kanban.

O teu traballo:

Falamos da análise de requisitos, do deseño e das metodoloxías Agile.

Monta un taboleiro Kanban que teña os apartados:

  • Pendente (backlog)
  • Traballando
  • Feito

para facer a organización dun proxecto de programar unha calculadora en Python.

Botade un ollo tamén ás matrices de Eisenhower

Ethernet

CISCO é un sitio estupendo onde aprendelo todo de redes.

O teu traballo:

  1. Que é Ethernet? En que capas se localiza.
  2. Busca  por internet un gráfico cos campos da trama Ethernet.
  3. Resolve este exercicio da Academia de Cisco

Desdobre da capa 2

Resulta que a capa de enlace do modelo OSI fai moitas tarefas e organízase en dúas subcapas.

O teu traballo:

Fai pescudas  por internet para resolver este pequeno cuestionario:

  1. Averigua aquí que servizos presta a capa de enlace.
  2. Que é un servizo orientado a conexión?
  3. Como se chaman as dúas subcapas?
  4. Cal das subcapas está máis perto da capa física?
  5. Distingue a subcapa MAC do enderezo MAC. Ten sentido que se chamen igual?
  6. Que significa neste contexto competir?