Hoxe imos adicarlle un rato á capa 2 do modelo OSI, chamada de enlace de datos. Aquí temos agrupados os bits en tramas e queremos que comecen o seu percorrido sen erros. Esta capa usa varios algoritmos para detectar e incluso corrixir os erros dun byte. Imos fixarnos nunha desas técnicas, o chamado bit de paridade.
O teu traballo:
Consultando esta páxina, fíxate ben como podemos detectar se un byte ter erros. Precisamos usar un bit para esta comprobación e decidir se imos traballar con paridade par (o máis frecuente) ou impar.
1.- Traballamos desta volta con paridade par. Cal sería o bit de paridade para completar o byte? Usa draw.io para representar o byte resultante coa codificación que prefiras.
-
- 1010101□
- 0011001□
2.- Como sería se usamos paridade impar?
3.- Se o bit da dereita é para a paridade par, hai algún erro se recibo 10101010?
4.-Propón para os teus compañeiros un bloque de 7×7 bits e calcula a paridade horizontal e a vertical. Tanto para paridade par como impar. Fai unha foto do exercicio e súbeo ao teu blog ben corrixido.
5.- Fai no teu blog unha pequena chuleta de como fixeches as túas contas
