Uso do cifrado simétrico

Imos empregar hoxe unha ferramenta que xa temos en kali e que podemos instalar nos nosos ordenadores de casa e usala.

Esquema de criptografía simétrica

O teu traballo:

  • Averigua a diferencia entre pgp e gpg.
  • Que programas usan esta ferrramenta de cifrado?
  • Imos comezar cifrando con chave simétrica. Creamos un ficheiro cunha mensaxe secreta para mandar a un amigo informándolle que xa sabes que regalar polo aniversario a un colega:

echo "uns pastelitos" > regalo.txt

  • Agora imos cifrar o ficheiro:

gpg -c regalo.txt

Obtemos un ficheiro cifrado co secreto: regalo.txt.gpg Bótalle un ollo para ver a pinta que ten.

  • Borra o ficheiro .txt e queda só co que remata en .gpg   Agora deberíamos mandarlle o ficheiro ao colega. E aquí damos co prooblema deste tipo de cifrado: como lle pasamos o contrasinal???
  • Para descifralo o colega  usará:

gpg -d regalo.txt.gpg

  • Mostra a saída no terminal, por suposto podemos enviala a un ficheiro:

gpg -d regalo.txt.gpg > descuberto.txt

  • Cal é o algoritmo de chave simétrica que usa?

Deixar un comentario