Cada vez é máis importante ter control dos nosos contrasinais ou se non que llo digan ao museo do Louvre. Falamos de truquiños para crear contrasinais seguros. Hoxe imos ver como instalar e usar un xestor que nos axude a almacenar os contrasinais que usamos a cotío. Lembrade que os navegadores modernos tamén traen un xestor. Sabedes usalo?
.O teu traballo:
Instala un xestor de contrasinais, por exemplo ProtonPass. Crea unha conta e fai probas. Instala unha extensión no teu navegador e mostra que das entrado no teu blog usando este xestor.
Que aportan este tipo de xestores online?
