John con lista de palabras

Seguimos coa información de antes. Agora imos fabricar con crunch un ficheiro cheo de combinacións de letras e pasámosllo a john. Xa se encargará el de probar con todos os posibles contrasinais e ver se dá feito.

O teu traballo:

Fabricamos con crunch un ficheiro letritas.lst con todas as combinacións de 2 e 3 letras:

crunch 2 3 >> letritas.lst

Volvemos co ficheiro xan.xxx . Inventamos un usuario e hasheamos un contrasinal facilito de tres letras, por exemplo ola. Tamén podemos facelo coma neste vídeo. Eu vou usar o algoritmo MD5, lembrade que non é o máis seguro, pero é máis rápido ;.)

john --wordlist=letritas.lst --format=Raw-MD5 xan.xxx

Funcionou? A min si !!

john --show --format=Raw-MD5 xan.xxx

E que acontece cos usuarios que están en /etc/shadow ? Resulta que hai un pequeno truquiño que se chama unshadow. Intentade facelo como traballo avanzado coa axuda desta páxina ou doutra calquera.