Cableado

Estamos no nivel físico falando de cableado de rede, alguén pensa que todos os cables son iguais? Comezamos cos de par trenzado.

O teu traballo:

  • Busca fotos de cada tipo. Onde se usan?
  • Cales son as categorías? Diferencias entre unhas e outras.
  • Fai un pequeno esquema con toda esta información.
  • Calcula cantos metros de cable precisamos para  a nosa aula.
  • Averigua prezos de canaletas e elemento de suxeición e fai un presuposto.