Diagramas de fluxo

Para aclarar ben o que imos programar existen varias técnicas que nos permiten aclarar o que temos que facer. Hoxe aprenderemos a traballar con diagramas de fluxo.

O teu traballo:

Consulta esta páxina que conta como facer un diagrama de fluxo e trata de resolver os exercicios:

7 Ejemplos de diagramas de flujo en programación

 

Uso do cifrado simétrico

Imos empregar hoxe unha ferramenta que xa temos en kali e que podemos instalar nos nosos ordenadores de casa e usala.

Esquema de criptografía simétrica

O teu traballo:

  • Averigua a diferencia entre pgp e gpg.
  • Que programas usan esta ferrramenta de cifrado?
  • Imos comezar cifrando con chave simétrica. Creamos un ficheiro cunha mensaxe secreta para mandar a un amigo informándolle que xa sabes que regalar polo aniversario a un colega:

echo "uns pastelitos" > regalo.txt

  • Agora imos cifrar o ficheiro:

gpg -c regalo.txt

Obtemos un ficheiro cifrado co secreto: regalo.txt.gpg Bótalle un ollo para ver a pinta que ten.

  • Borra o ficheiro .txt e queda só co que remata en .gpg   Agora deberíamos mandarlle o ficheiro ao colega. E aquí damos co prooblema deste tipo de cifrado: como lle pasamos o contrasinal???
  • Para descifralo o colega  usará:

gpg -d regalo.txt.gpg

  • Mostra a saída no terminal, por suposto podemos enviala a un ficheiro:

gpg -d regalo.txt.gpg > descuberto.txt

  • Cal é o algoritmo de chave simétrica que usa?

Que é un un? que é un cero?

Encendido/apagado? si/non? on/off? vale, todo eso é binario pero en realidade como viaxan os uns e os ceros polos cables ou pola fibra? e polos medios sen fíos? Imos profundar un chisco desto do que falamos.

O teu traballo:

  1. Que significa codificar?
  2. Busca información sobre algunha das codificacións que se ve na imaxe (fai clic nela para ampliar)
  3. Codifica cos tres primeiros métodos:
    1. 11100011
    2. 10101100
  4. Fai un cronograma con DIA e sube unha captura de pantalla do apartado (b) do exercicio anterior.
  5. Para comprobar se imos ben.
  6. Exercicios avanzados

Criptografía de chave simétrica

O problema deste método criptográfico é como poñerse de acordo para intercambiar a chave sen que ninguén a intercepte.

Ejemplo de criptografía de clave simétrica Bit2Me Academy

O teu traballo:

  1. Busca información sobre a criptografía simétrica e anota no teu blog unha explicación feita coas túas palabras de todo o que teñen que facer Ana e Bob para pasarse unha mensaxe secreta.
  2. Investiga tres algoritmos que se utilicen para cifrar a información con chave simétrica. Cales son as súas longuras en bits?

Xestores de contrasinais online

Cada vez é máis importante ter control dos nosos contrasinais ou se non que llo digan ao museo do Louvre. Falamos de truquiños para crear contrasinais seguros. Hoxe imos ver como instalar e usar un xestor que nos axude a almacenar os contrasinais que usamos a cotío. Lembrade que os navegadores modernos tamén traen un xestor. Sabedes usalo?

.O teu traballo:

Instala  un xestor de  contrasinais, por exemplo ProtonPass. Crea unha conta e fai probas. Instala unha extensión no teu navegador e mostra que das entrado no teu blog usando este xestor.

Que aportan este tipo de xestores  online?