Trucos do CLI de Packet Tracer con routers

Imos facendo unha lista de pequenos trucos para usar  no CLI en Packet Tracer:

  1. Indo a Options/Preferences… e facendo clic en Always show port labels in Logical Workspace axuda a ver as bocas  do router que usas.
  2. Para ver a táboa de enrutamento: show ip address
  3. Para borrar a IP dunha interfaz: no ip address 
  4. Para comprobar o que está conectado show ip interface brief

Propón ti nos comentarios deste post truquiños que atopes.

 

 

 

 

Routers que temos a man

Xa sabemos que o router traballa na cada de rede (capa 3) e úsase para conectar redes. Varios conceptos son importantes para entender este dispositivo. Tócache a ti buscar algo de información.

O teu traballo:

  • Que é un router SOHO? Busca por internet unha foto do que ti tes en casa.
  • Que é  un router WAN? Busca fotos e prezos.
  • Cal é o prezo dun router moderno libre? p.e. con tecnoloxía WiFi 6
  • Que significa WPS?
  • Entra no teu switch da casa e mostra un par de capturas da túa configuración. Podes ver cal é a MAC dos teus equipos?

Routers en teoría

Moi boas. Como xa é tradición déixovos unhas anotacións sobre o asunto que estamos traballando para que teñamos moi claras as ideas e xa que estamos un boletín para facer un algo en papel.

O teu traballo:

Imos cos routers

ou rúters, como xa vin escrito, incluso na wikipedia.

Lembrades que un router o que fai é unir dúas redes, sexa a de casa con internet ou redes empresariais. Imos aprender como cada router ten a súa táboa de enrutamento e como sabe a onde ten que mandar os paquetes que lle chegan dunha rede ata outra rede.

O teu traballo:

Velaí vai información sobre este dispositivo:

Cálculo do IVE

Hoxe somos empresarios e precisamos ter unha folla de cálculo con todos os productos que vendemos desglosado o IVE.

O teu traballo:

  1. Imaxina que tes unha tenda de alimentación e tes unha lista de produtos para a venta. Averigua en internet canto é o IVE dos alimentos que vendes. Tes que vender produtos con dous tipos de IVE
  2. Escribe nunha columna vinte produtos  e na do lado o prezo. Calcula na columna seguinte o IVE e finalmente o prezo total. Podes consultar esta web para facelo.
  3. Ordena os datos de maior a menor prezo total usando Datos/Ordenar…  usando esa columna
  4. Debaixo da columna do IVE suma o total.
  5. Fai unha captura de pantalla e súbea ao teu blog.