Unha imaxe de disco é un arquivo que contén a estrutura completa e os contidos, nese momento, dun disco duro. Unha imaxe de disco prodúcese creando unha copia completa sector por sector do medio de orixe e, polo tanto, replicando perfectamente a estrutura e os contidos dun dispositivo de almacenamento.
Cada vez que descargamos unha .iso de Ubuntu, por exemplo, estamos descargando un ficheiro que ten todo o que alguén tiña no seu disco. Agora tócanos a nós facer unha imaxe dalgún disco noso para poñelo tal cual noutro equipo.
Antes de facer unha desfeita imos probar como traballar con Clonezilla nunha máquina virtual e despois xa o faremos nos equipos do taller.
O teu traballo:
Nesta páxina descargamos clonezilla. Eu collín a .iso pero podedes coller .zip e despois descomprimir. Fixádevos ben, descargo unha iso para crear unha iso.
Mentres vai descargando arranca unha máquina que teñas con Lubuntu, por exemplo. Esta será a máquina que imos clonar. Nesa máquina cambia o fondo de pantalla e mete carpetas e ficheiros no escritorio para comprobacións rápidas.
Indo a Configuración/Almacenamento engadimos disco novo o que sería “pinchar” un USB. No mesmo controlado SATA engadimos un novo disco de 33 GB e eu chámolle USBmentira na ruta que o vai crear:
Despois engadimos un cd (lembrades que .iso creouse para traballar cos CD). Buscamos a .iso de clonezilla que supoño que xa descargou:
A min colleumos:

Iniciamos a máquina virtual. Podedes ver algo coma o meu? Xa teño no meu Lubuntu un USB con clonezilla dentro e un ficheiro para facer probas.
En Lubuntu damos formato ao novo disco:
Xa o teño listo:
Lembrade escoller o arranque dende onde tedes Clonezilla:
Xa debería arrancar dende a “unidade óptica” ou sexa dende a .iso e recoñecelo todo. Deixamos casi todo o que trae de fábrica. Dades chegado aquí:

Moito coidado agora!!! Primeiro facede ctrl C para saír e despois fixádevos ben que queremos facer un clon do disco de 25 GB e teñen que ter ambos o mesmo tamaño.