Xa usamos Rufus e BalenaEchter pero eso de facer o disco de arranque e despois ir ao taller, ver que instalamos o sistema operativo, volver para probar outro e así varias veces é un lío. O estupendo sería meter no noso USB todas as .iso que nos apeteza e usalas cando cadre.
O teu traballo:
Ventoy inventouse para ter varias .iso nunha memoria USB e escoller a que prefiro. Este vídeo en inglés é xusto o que imos facer:
- Descarga Ventoy e comproba que o que descargaches é correcto usando SHA-256 no PowerShell de Windows con:
Get-FileHash ventoy-xxxxTen que saír unha ristra de caracteres que coincida co que di a páxina onde o descargas. - Instala Ventoy na memoria USB, coidadiño: vai borrar todo o que teñas.
- Copia e pega todas as . .iso que precises no USB
- Arranca un ordenador dende o USB (lembra avisar á BIOS/UEFI)
- Escolle o sistema operativo e deixa que Ventoy faga o seu traballo.


