Coñecemos a famosos e influencers? Programamos hoxe un pequeno xogo: o noso código pregúntanos o país de orixe e o deporte favorito de alguén coñecido e responde co nome do científico, actor/actriz ou influencer con esas características.

O teu traballo:
Imos facelo con deportistas e os seus países de orixe:
- Pensa en dous deportistas famosos dos que saibas o seu deporte. Por exemplo eu collo “Ana Peleteiro” que practica “atletismo” e “Carolina Marín” que practica “badminton”
- O teu código ten que crear unha variable chamada
deporte e preguntar ao usuario cal é o deporte que practica o persoeiro misterioso.
- O código comproba:
Si o que hai na variable deporte coincide con “atletismo” mostrará ao usuario en pantalla “Ana Peleteiro” en caso contrario, si o que hai na variable deporte coincide con “badminton” daquela será “Carolina Marín”
- Engade máis deportistas e deportes.
- Fai algo parecido coa variable
país e lembra usar elif
- Inventa ti novas variables para facer o xogo máis interesante.