Imos parar un chisco para profundar no que estamos facendo. Xa instalamos de proba nunha máquina virtual Alpine, Puppy, TrueNas e despois no taller fixémolo nun ordenador real. Como arranca de verdade un ordenador, eso que en inglés chamamos boot? 
O teu traballo:
Atopei esta páxina moi interesante. Bótalle un ollo e responde ás seguintes cuestións no teu blog:
- Cando remata a secuencia de arranque?
- Que é o primeiro que fai a BIOS/UEFI? Aquí unha pista.
- Que é o sector de arranque? Que son MBR e GPT?
- Que é un xestor de arranque ? Cal é o teu: GRUB ou BOOTMGR? Como o sabes?
- Cales son as diferencias entre as secuencias de arranque de Linux e Windows? Explícao coa axuda do debuxiño.
