Instalar TrueNAS

Hoxe toca facer nunha máquina virtual algo que me parece moi interesante pero non podemos profundar demasiado. Temos falado deso que se chama “soberanía dixital” e tamén a idea de “homelab.” Pescudade nestes temas que permiten que teñamos servidores propios na nosa casa nos que instalar as app que queiramos.

O teu traballo:

  1. Descarga unha .iso de TrueNAS.
  2. Crea unha máquina virtual (uns 2 GB de memoria) en modo Adaptador Ponte (Bridge) ou un disco de arranque.
  3. Instala este sistema. Ten conta que é unha instalación no terminal.
  4. En canto saen as opcións seguintes escolle en primeiro lugar  configurar as interfaces de rede:
  5. Tes que borrar a IP que te dá se é a típica de VirtualBox(10.0.2.15) usando a tecla Supr Posteriormente tes que premer a para aplicar o cambio e p para que persista. Obtés así unha IP tipo a que me dá a min:
  6. Lembra poñer un contrasinal para o administrador local na opción 4
  7. Reinicia dende o disco duro de VirtualBox .
  8. Agora ben o interesante, un TrueNAS contrólase en rede e a nosa máquina virtual está en Adaptador Ponte polo que está en rede co meu ordenador. Vou rápidamente ao meu navegador favorito e tecleo esa mesma IP e xa dou entrado e podo controlar o sistema usando o nome de usuario e o contrasinal do apartado anterior.

O que podemos facer a partires de aquí é crear un grupo de discos (pool) para facer un RAID ou instalar aplicacións. Temos unha chea delas: WordPress, NextCloud (equivalente a DropBox), a túa  IA con Ollama, Castopod para publicar os nosos podcasts, Immich que vén sendo un GoogleFotos aloxado no noso equipo. Benvido ao mundo do selfhosting !!!!

O teu traballo:

Fai un titorial con capturas da túa instalación

Proxecto: exame inglés

Acaban de contratarnos dun cole para que fagamos un programilla para que os alumnos de primaria repasen os seus coñecementos de vocabulario en inglés. O programa ten que mostrar aos alumnos unha palabra en inglés e o pícaro ten que teclear o significado.

O teu traballo:

Chama ao teu ficheiro english.py

  1. Teclear o código que pregunte ao alumno o significado de cinco palabras. Comprobe se é correcto e mostre en pantalla unha felicitación ou un aviso de que o alumno debe mellorar.
  2. Cando remata o repaso móstrase en pantalla o resultado.
  3. Intenta facelo con xanelas.
  4. Sube o teu código.