Subredes en Packet Tracer (ex5)

Imos practicar o que aprendimos ata agora do cálculo de subredes. Imaxinade que cobramos por crear dúas subredes para unha empresa que ten de IP 192.192.192.0 Imaxina que tes que configurar as subredes da figura seguinte. Cal será a máscara destas subredes? Cantos equipos caberían en cada subrede?  Cales son as IP de subrede que podes poñer?

O teu traballo:

Simularemos con Packet Tracer unha rede con catro ordenadores conectados con un switch configurando dous dos equipos na subrede “0” e dous na subrede “1”. Débese comprobar que a conectividade entre os equipos concorda coa subrede á que pertencen.

Fai capturas de pantalla demostrando que todo funciona como debe.

Tres switchs con equipos (ex4)

Despois de todas as probas que fixemos con Packet Tracer agora tócache a ti montar tres redes chiquitas que cumplan as condicións seguintes:

O teu traballo:

  1. Unha das redes está formada por 4 ordenadores conectados a un switch (topoloxía en estrela). Terán o enderezo de rede 192.168.54.0 e os equipos teñen as IP máis baixas das válidas para esta rede.
  2. Nesta segunda rede terás tres equipos tamén en estrela cun switch que forman parte da rede 172.17.0.0 pero neste caso os ordenadores terán as IP o máis altas posibles do que permita a rede.
  3. A terceira rede con IP 10.0.0.0 consta de 2 equipos conectados a un switch. Un deles terá a IP o máis  baixa posibel e o outro a máis alta das IP válidas nesta rede.

Sube ao teu blog capturas de pantalla de Packet Tracer na que se vexan completas as táboas MAC dos tres switches e unha táboa ARP dun ordenador de cada rede.

Revisión de ordenadores

Temos na aula unha chea de equipos que son mooooi vellos. Cómpre revisalos e se non funcionan imos ter que reciclalos. Polo de pronto hai cousas que xa sabemos facer.

O teu traballo:

Colle algún ordenador da aula e despois de comprobar que non encende, abre a caixa e fai unha inspección visual:

  • están as compoñentes principais? falta algo?
  • comproba se funciona a fonte de alimentación
  • lembras como se mira se a pila aínda vai?

Elabora unha ficha técnica coa información que obteñas.

Comparativa de procesadores

Que procesadores temos no mercado? Cal é o que temos na aula? Lembrade que temos que entender as especificacións técnicas dos fabricantes.

O teu traballo:

Busca por internet as fichas técnicas de dous procesadores e fai unha comparativa indicando cal escollerías para mercar para a nosa aula. Indica as URLs coas que traballas.

Fai unha campaña publicitaria con cartaces nos que promocionas a todo color un procesador, con imaxes e debuxos. Escribe na letra pequena indicacións das características máis salientables do teu producto.

Switches (ex3)

Xa temos no noso Packet Tracer unha pequena rede de tres ordenadores conectados a un switch. Como estamos estudando eso das clases de redes fai o mesmo co resto das clases.

O teu traballo:

  • Fai un ping entre os ordenadores conectados ao  switch.
  • Fai unha captura de pantalla na que se vexa a táboa MAC dun switch. Anota no teu blog para que usa o switch esta táboa.
  • Colle dous switches máis (ou copia e pega) e conéctalles  cadanseus tres ordenadores. Os novos ordenadores teñen que ter IPs de clase A e B.
  • Fai probas modificando máscaras de rede e IPs.