Cando non me din cantas subredes pero me din cantos equipos temos. Neste caso non temos o mesmo número de equipos por rede. Segundo o número de dispositivos necesitamos máis ou menos bits na parte de host polo que cada subrede terá unha máscara distinta.
O teu traballo:
Xa vos contei na aula como se fai o de roubar bits para host. Lembrade pensar ben a parte da IP para que os rangos saian ben.
- Aquí tedes un exemplo de exercicio de cálculo sinxelo. Sodes quen de facelo?
- Este vídeo é moi interesante, Walter explica como calcular dun xeito máis rápido ca min 😉 o direccionamento VLSM, pero fai un chisco de trampa: só valen esas contas para clase C. 🤫 Imaxinades a razón?
- Agora ti intenta facer (sen mirar) exercicio de VLSM desta páxina web. O autor di que é difícil, pero nós podemos con esto e máis. . O atallo de Walter non nos vale. Ricardo tamén bota unha man en pdf
Non coñezo de nada a Walter ehhh!! Nin a Ricardo. Tampouco a Arcadio



