CISCO IOS CLI

Que  opinades do título deste artigo?? Resulta que podemos controlar os dispositivos de CISCO usando un terminal que ten os seus propios comandos, veredes que son bastante intuitivos.

A idea é conectarse cun cable a un router e programalo dende un ordenador calquera. Normalmente os dispositivos teñen unha conexión chamada CONSOLE e está xusto para eso.

O teu traballo:

  1. Coloca en Packet Tracer un par de PCs conectados  a un switch a  e busca a lapela que se chama CLI. Teclea na terminal en branco que sae un humilde ? e  proba os comandos que alí saen.
  2. Fai un pequeno dicionario no teu blog para ter a man con capturas das túas pescudas.
  3. Averigua que é o modo de execución privilexiado.
  4. Bota un ollo a este vídeo para axudar:

Navegación IOS

 

Deixar un comentario