Python

Python é unha boa linguaxe para aprender a programar. Agora que xa temos certa destreza no manexo do terminal moito mellor.

Linux trae de fábrica dous intérpretes: python3 e tamén ipython3. Xogaremos con ambos. Imos ver se temos preparado o entorno de traballo que precisamos.

O teu traballo:

Imos comprobar que podemos traballar nas nosas distros de Linux:

  • Para investigar cal é a versión que temos instalada teclea no terminal::

python3 --version

  • Para averiguar o path onde está instalado python3 teclea no terminal:

which python3

  • Fai o mesmiño pero para averiguar versión e path de ipython3
  • Para ver se vai:
    • No terminal teclea python3
    • Escribe algo tan importante como 1+1 e preme Intro
    • Teclea exit()

Mostra no teu caderno electrónico unha captura de pantalla do terminal. Se dá algún fallo pedide socorro 😉

Deixar un comentario