Confirmar VLSM

Deixovos aí abaixo un grupito de redes de ordenadores configuradas usando VLSM. Chulas, ou?

O teu traballo:

Confirma que está ben configurada a rede seguinte. Fai clic na imaxe para vela máis grandota.
Internet está cheo de profes estupendos que colgan problemas de VLSM con solución incluída:

Avanzadísimo

Anotacións sobre switches

Imos concretar todo o que sabemos sobre os switches nunhas  anotacións sobre switches.

O teu traballo:

Imos analizando o documento e ide respondendo ás cuestións seguintes:

Instalación sistema operativo

Lembrades todo o que traballamos con máquinas virtuais? Imos volver a simular como se instala un sistema operativo antes de facelo en ordenadores reais.

O teu traballo:

  1. Descarga unha .iso dun sistema operativo chiquitín, por exemplo PuppyLinux
  2. Crea unha máquina virtual en VBox con esa .iso
  3. Xoga un chisco e fai capturas de pantalla para demostrar que está ben feita.

Imos agora traballar con ordenadores de verdade.

  1. Lembrade poñer a .iso nun disco de arranque USB con Rufus.
  2. Antes de instalar debemos ir á BIOS/UEFI do ordenador e modificar:
    1. Arranque por USB
    2. Deshabilita o Secure Boot

Arrancamos o ordenador co USB da .iso conectado e deberiamos ver Puppy na RAM do noso equipo. Para instalalo no disco duro debemos antes facer a man as particións usando GParted:

  • partición tipo swap duns 2 GB
  • partición co resto dos GB. Aquí debemos indicar o flag de boot

Despois imos ao programa de instalación propio de Puppy que se chama Puppy Install. Escollemos Installer e o disco duro na partición que non é a swap. Creamos carpeta á que chamamos puppy e seguimos adiante. Fai un tutorial de todo o proceso.

 

Particionado de discos

Como instalamos un sistema operativo no noso hardware? Xa vimos que precisamos un disco de arranque e se cadra debemos modificar a BIOS/UEFI para que xusto cando prendamos o ordenador busque ese disco, que no noso caso é unha memoria USB. O primeiro que vai facer é o particionado de disco.

O teu traballo:

Algo de información teórica sobre particionamento de discos duros.

  1. Anota como fas para acceder á BIOS/UEFI do ordenador da aula e de algún dos do taller. Podes facer captura de pantalla?
  2. Que é o particionado de disco? Para que se fai?
  3. Cantos tipos de particións hai? Cales son as diferencias?
  4. Fai un pequeno titorial explicando como facer catro particións con GParted nunha máquina virtual. Tres serán primarias e unha extendida. Nas primarias o sistema de ficheiros que sexa ext4 e na extendida exfat.
  5. Bótalle un ollo a este artigo e fai unha captura de pantalla de como está particionado o teu disco (NON BORRES AS TÚAS PARTICIÓNS) Cal é teu tipo de partición? Cal é o sistema de arquivos utilizado?

 

Anotacións de procesadores

Moito sabemos de procesadores.

Velaí van unhas anotacións sobre o que tratamos estes días na aula. Estudiade moito

No teu blog fai unha proposta de exame, como se foras o profe cunha pregunta de cada apartado.