Se abrimos a caixa dun ordenador o que chama a atención é que todos os elementos están conectados á chamada placa base. Imos aprender moitas cousas dela. 
O teu traballo:
- Saca unha foto da túa placa base.
- Lévaa a un programa de debuxo e numera todos os elementos dos que sabes o seu nome.
- Sube ese ficheiro e no teu blog ten que verse claramente o que é cada cousa.
- Indica todas as súas características. Busca información das especificacións técnicas da túa placa.
- Cal é o factor de forma da túa placa? Canto mide?
- Busca por internet placas mellores cá túa. Cal é o prezo?
