Placas base

Se abrimos a caixa dun ordenador o que chama a atención é que todos os elementos están conectados á chamada placa base. Imos aprender moitas cousas dela.

O teu traballo:

  1. Saca unha foto da túa placa base.
  2. Lévaa a un programa de debuxo e numera todos os elementos dos que sabes o seu nome.
  3. Sube ese ficheiro e no teu blog ten que verse claramente o que é cada cousa.
  4. Indica todas as súas características. Busca información das especificacións técnicas da túa placa.
  5. Cal é o factor de forma da túa  placa? Canto mide?
  6. Busca por internet placas  mellores cá túa. Cal é o prezo?