Xa que xogamos con FileZilla imos instalarnos o paquete para crear un servidor. Podemos facelo tanto en Windows como en Linux. Tedes a man unha máquina virtual con Ubuntu?
O teu traballo:
Está moi ben este sitio web informando de como instalar e facer unha configuración chula. Trata de seguir paseniño o que alí conta.
- Descarga o paquete.
- Dálle permisos de execución.
- No directorio onde o descargaches:
dpkg -i FileZilla_Server*.deb
en caso de problemas teclea apt install -f
Coma sempre:
systemctl start filezilla-server
Precisaremos outra máquina para que sexa cliente deste novo servidor. Que tal un windows?

