vsFTP

Algo xogamos coa transferencia de arquivos. Imos abordar este servizo instalando un novo servidor chamado vsftp (vs significa very secure).

O teu traballo:

  • Instalamos en dserver00 o demo de vsftp (ou sexa o servidor)

apt-get install vsftpd

  • Comprobamos se está activo (ou activamos):

systemctl status vsftpd

  • Dende ucliente en modo gráfico vemos se hai comunicación coa IP do servidor:

ftp 172.16.5.10

  • Proba a usar no navegador a URI ftp://172.16.5.10
  • Podes entrar coma usuario root?
  • Tecleando help vemos os comandos que están dispoñibles. Podemos facer: get e put e empregar a exclamación para a información local, p.e. !ls
  • Que hai no ficheiro /etc/ftpusers  no servidor?
  • Imos coa configuración: o ficheiro a  editar para personalizar o servidor: /etc/vsftpd.conf
      • O primeiro vai ser quedarnos cunha copia do orixinal por se a desfeita é significativa: cp /etc/vsftpd.conf /etc/vsftpd.conf_orixinal
      • Modifica a mensaxe de benvida en ftpd_banner
      • Lugar onde se van gardar  os rexistros de todo o que fagamos:
      • Por suposto:systemctl restart vsftpd
      • Entra e sal (unhas tres veces: coma root coma usuario e coma administrador) no servidor vsftp dende un cliente e mostra o resultado no ficheiro de logs. Lembra:

    tail -f /var/log/vsftpd.log 

para que vaia mostrando en tempo real o que fas. Fai unha captura de pantalla deste ficheiro .log

Unha axuda sobre FTP

Deixar un comentario