Os ficheiros tan interesantes que temos merecen que todo o planeta acceda a eles. Non só os usuarios locais. Cal é o nome de conta coa que calquera vai poder conectarse ao noso servidor? anonymous. Eso si…. conectar hanse conectar pero onde eu diga, que para eso son administrador do servizo.
O teu traballo:
En dserver00 modificamos /etc/vsftpd.conf para permitir que calquera poda entrar no servidor e só coller ficheiros. Non vai poder facer outra cousa, ou sexa, só usar get : imos autorizar usuarios anónimos e tamén deixamos aos usuarios locais da máquina:
Cal será a carpeta á que accede o usuario anónimo? Teremos que fabricala, que tal:
mkdir /var/anonimo
Imos fabricarlle outra dentro para que acceda directamente
mkdir /var/anonimo/pub
Eso de pub como “público” queda mu profesional. E xa que estamos, un ficheiro para ter algo que descargar:
touch /var/anonimo/pub/paraTodos.txt
Agora cómpre dicirlle ao ficheiro de configuración onde ten que buscar ese directorio. Indícase nunha nova directiva chamada anon_root. No meu ficheiro de configuración non aparece polo que teño que teclealo a man:

Debería estar!!! Esquecín que tedes que entrar no cliente co usuario anonymous (creo que tamén vale usuario ftp) e sen contrasinal. Xa accededes ao directorio compartido e podedes descargar o ficheiro como fixen eu:

Que acontece se probades con Filezilla?
Nota: agora xa podemos subir ficheiros con put grazas ao anon_upload_enable=YES