Xa temos certificado ssl para asegurar as comunicacións entre cliente e servidor? Daquela imos indicarlle a apache2 que o use debidamente.
O teu traballo:
1. Move os ficheiros .crt e .key á carpeta /etc/apache2
2.Estes ficheiros teñen que ser só para o usuario root e a chave pública ter os permisos 600:
chmod 600 /etc/apache2/sitioXX.crt
3. Activamos o módulo para que apache2 dea traballado con ssl:
a2enmod ssl
4.Despois de activar un módulo cómpre reiniciar apache2
5.Non esquezades confirmar que ten que ir polo porto seguro: 443
nano /etc/apache2/ports.conf
6.Fabricamos onde sempre un novo sitio web co seu index.html
mkdir /var/www/html/seguro.sitioXX.com/
nano /var/www/html/seguro.sitioXX.com/index.html
Lembrade o usuario www-data
chown -R www-data:www-data /var/www/html/seguro.sitioXX.com
7. Imos co ficheiro de configuración de apache2. Lembrades que de fábrica traía un ficheiro en /etc/apache2/sites-available/default-ssl.conf. Imos copialo co nome ssl-sitioXX.conf
8. Imos enchelo cos nosos datos. Usando nano:
9. Habilitamos coma sempre:
a2ensite ssl-sitioXX.conf
10. Boas novas no cliente?? Pode que tarde un chisquiño de máis….




