Apache por IP ou portos

O xeito que temos de acceder a un sitio web aloxado no noso servidor é poñendo no navegador do cliente o nome do sitio tal e como está gardado no servidor. Existe outra forma  de facelo: en troques de usar o nome empregar o porto no que está rexistrado. Alguén lembra algo de portos en redes de ordenadores? 

O teu traballo:

1.No servidor web averigua en que porto estaba escoitando. Faino consultando o ficheiro ports.conf

2.Engade outro porto, por exemplo 8080

3.Recarga apache2

4.Fabrica un novo sitio web que se chame www3.sitioXX.com que teña os permisos axeitados  mailo seu index.html

5.Modifica no teu ficheiro de configuración sitioXX.conf engadindo ó final:

6. Habilita o novo sitio web con a2ensite sitioXX.conf, se tal mira os ficheiros de log ou confirma que todo está ben con apachectl -S tamén lembramos apachectl configtest

7.No meu cliente funciona moi ben. Fíxate que tes que empregar o número de porto tras dous puntiños

ou  o nome que teñas no teu servidor de DNS (ou o famoso /etc/hosts do cliente)

Máis información